O prezo da vivenda de aluguer subiu un 27,1% en Galicia no últimos tres anos, tres veces máis que o aumento do 8,9% dos salarios no mesmo período, segundo un estudo do portal inmobiliario Fotocasa e a plataforma de emprego Infojobs.
Os galegos teñen un salario medio de 25.299 euros ao ano en 2024, e este dato era de 23.227 euros en 2021. Mentres, o prezo medio do metro cadrado de aluguer é de 9,43 euros en 2024, cando estaba en 7,42 euros en 2021. A fendaa entre os salarios e os prezos da vivenda en aluguer fíxose aínda maior en 2024 ao encarecerse o aquiler un 9,3% en Galicia e só subir un 0,9% os salarios.
Segundo o estudo 'Relación de salarios e vivenda en aluguer en 2024', os galegos pagan 9.053 eurospor unha vivenda de aluguer de 80 metros cadrados en 2024. Se se colle o dato dos últimos cinco anos, ese repunte no prezo do aluguer é aínda maior na comunidade galega: un 39,7% máis.
Por provincias, en 2024 os soldos aumentaron en tres do catro galegas. Con todo, en todas elas subiu o prezo da vivenda. Os traballadores máis afectados polo descenso dos salarios ofertados en 2024 foron os de Lugo, xa que dun salario medio de 25.043 euros ao ano en 2023 a 24.303 euros ao ano en 2024, un 3% menos. A isto engádese, que en Lugo o prezo da vivenda en aluguer encareceuse un 13,3% respecto ao ano anterior, e pasouse de pagar 6,86 euros por m2 a 7,77 euros por m2 en 2024.
Doutra banda, a provincia galega na que menos se elevou o prezo da vivenda en aluguer no último ano é Ourense, un 1,9%. "O aluguer subiu case catro veces máis que os salarios no últimos tres anos. Esta evolución tan descompensada prexudica a capacidade económica dos fogares. De feito, os inquilinos xa destinan o 47% dos seus ingresos ao pago do arrendamento, moi por encima do limiar de esforzo recomendado. A forte e rápida escalada do prezo do aluguer responde a causas estruturais: unha demanda en máximos fronte a unha oferta en mínimos históricos, que crean un mercado cada vez máis tensionado", explica a directora de Estudos e Portavoz de Fotocasa, María Mato.
Vivenda en aluguer | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo