@galicia_confidencial Eva Longoria cae rendida ante os encantos de Galicia 🤍🩵🤍 Na súa viaxe por España, a actriz e produtora Eva Longoria descubriu a maxia de Galicia... e non puido evitar contalo con entusiasmo: falou do polbo á feira 🐙, da exclusiva carne de rubia galega 🥩 -"a mellor que comín na miña vida"-, do viño Albariño 🍷, e mesmo da misteriosa queimada 🪄, esa bebida que se prende lume para espantar os malos espíritos. Tamén confesou que era a súa primeira vez nesta terra do noroeste peninsular e que sempre quixera visitala por ser o destino final do Camiño de Santiago 🥾⛪. Ver aos peregrinos chegar entre bágoas á catedral foi, segundo ela, "realmente fermoso". Eva Longoria xa caeu rendida aos pés de Galicia... e ti? 🤔 📽️ CNN #EvaLongoria #Galicia #CamiñoDeSantiago #PolboÁFeira #Albariño #Queimada #GastronomiaGalega ♬ sonido original - Galicia Confidencial