En pleno corazón de Cambados, moi preto do Pazo de Fefiñáns, atópase unha casa moi especial

|

@galicia_confidencial En pleno corazón de Cambados, moi preto do Pazo de Fefiñáns, atópase unha casa moi especial: @casahistorica_cambados. Unha casa que esperta grande interese entre os visitantes que todos os veráns pasean polas rúas desta fermosa vila mariñeira. E non é para menos, pois chama a atención ver unha casa de época tan ben conservada no medio de múltiples edificios de varias plantas que se levantan ao seu redor, froito da lóxica expansión da cidade moderna. Eran moitos os turistas que case cada día se achegaban ata esta propiedade para interesarse pola súa historia e, o que comeza sendo curiosidade, remataba por converterse na mellor experiencia vivida na vila cando Elena Otero, a súa dona, e Nenucha, a súa filla, lles abrían de par en par as portas para que se achegasen a ver o seu interior, cheo de antigüidades, coleccións e algunha que outra sorpresa. Foi no ano 2017 cando este fogar decidiu converterse tamén nun museo aberto ao público. 👉 Reportaxe completa xa na nosa web #galiciaconfidencial #galicia #cambados #casahistoricacambados #casahistorica #historia #museo #turismo #visitas ♬ sonido original - Galicia Confidencial

Comentarios